Sogama imparte sesións formativas en centros escolares de Poio, Sanxenxo e Vilanova de Arousa
En días pasados, educadores de Sogama desprazáronse á provincia de Pontevedra para impartir sesións formativas nos centros escolares de Sanxenxo, Vilanova de Arousa e Poio, seleccionados este curso académico para participar no programa "Recíclate con Sogama", canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
Trátase do CEIP Plurilingüe A Florida, de Sanxenxo, cuxo proxecto leva por título " Nós tamén reciclamos"; o CEIP San Roque, de Vilanova de Arousa, coa súa iniciativa "Limpamos e coidamos"; e o CEIP de Lourido, de Poio, co seu traballo "Recollida selectiva de lixo non CEIP de Lourido".
Seguindo as directrices do programa, o labor de todos eles estará orientado a interiorizar os pormenores da xestión sostible dos residuos urbanos,aplicando cada día o principio das tres erres: reducir, mediante un consumo responsable; reutilizar, alongando a vida útil dos produtos ata que son convertidos en refugallos; e reciclar, separándoos por tipoloxías e depositándoos nos contedores correspondentes a fin de que se convertan en novas materias primas, propiciando deste xeito o aforro de enerxía e recursos.
MEDIOS DE APOIO
Para levar a cabo as tarefas que os seus proxectos requiren e obter uns resultados satisfactorios, Sogama proporcionou a todos os centros participantes (24 en total de toda Galicia), os medios materiais e didácticos necesarios.
Entre os primeiros, destacarían as denominadas illas de reciclaxe, conformadas cada unha por tres contedores con capacidade para 120 litros (amarelo, azul e verde) nos que o alumnado debe depositar, previa separación dos mesmos, os distintos residuos.
No caso daqueles centros que dispoñen de servizo de comedor ou ben nos que se xera unha cantidade importante de materia orgánica procedente das merendas e tentempiés, tamén se lles subministrou un composteiro para que poidan elaborar un fertilizante natural de calidade que logo aplican nos seus xardíns e hortas.
FORMACIÓN E ASESORAMENTO
Tras unha visita de diagnóstico durante o primeiro trimestre do curso, este mes completaranse as formacións para que os escolares, pertencentes todos eles a Educación Primaria, poidan perfeccionar os seus coñecementos na xestión dos residuos e adentrarse nos pormenores do modelo Sogama, que a día de hoxe dá servizo a un total de 295 concellos (máis de 2.240.000 habitantes).
Os monitores ao servizo da empresa pública farán un seguimento dos traballos desenvolvidos en cada centro e prestarán un asesoramento continuo para que a reciclaxe sexa unha realidade en todos eles.
Relacionadas:
-
Unha axuda municipal de 3.799 euros reduce o prezo do comedor do CEIP de Lourido para as familias
Por Redacción |
-
Caldas redobra a súa aposta polos hortos escolares no día mundial do Medio Ambiente
Por Redacción |
-
Sogama financiará con preto de 150.000 euros proxectos ambientais en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Sogama é un referente internacional na xestión de residuos e dá servizo ao 94% dos concellos galegos
Por Noticia patrocinada |
-
Aumenta a demanda de compost elaborado nos centros comunitarios de San Salvador
Por Redacción |
-
A bonificación do canon de Sogama durante os últimos tres anos aforrou aos galegos máis de 9,7 millóns de euros
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama amplía o seu programa ‘Caderno Verde’ con actividades para facer na casa
Por Noticia patrocinada |
-
Comeza a sétima edición do programa "Recíclate con Sogama"
Por Noticia patrocinada |