Os bombeiros sufocan un incendio no muíño abandonado de Ponte Boleira
Por Redacción
Os bombeiros de Pontevedra sufocaron un novo incendio no muíño abandonado de Ponte Boleira, localizado no paseo fluvial dos Gafos.
O suceso tivo lugar este domingo ás 18.50 horas, segundo informou a Policía Local.
Foi un particular o que alertou do lume. As primeiras hipóteses sobre a orixe do incendio apuntan a un descoido ao acender unha fogueira. Ao inmoble acoden indixentes e toxicómanos, segundo denunciaron os veciños.
O muíño pertence ao Concello de Pontevedra que o mantén tapiado á espera de executar un proxecto de rehabilitación.