Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción
Integrantes da Asociación Vaipolorío realizaron este sábado labores de poda da chamada "maceira de río".
"Árbore que podaría en febreiro terá froitos duradeiros", lembrou Pablo Carro, membro de Vaipolorío.
Segundo explicaron desde este colectivo ecoloxista, a "maceira de río" é unha especie autóctona "brava" que resulta ideal para patrón de calquera tipo de variedade. Prende en estaca e agradece os terreos húmidos e por iso é polo que se de tan ben ao longo do leito do río dos Gafos.
Vaipolorío segue apostando pola plantación de variedades autóctonas no río Cocho-Toxal-Tomeza- Gafos.
Relacionadas:
-
Este domingo 31 comeza a campaña de verán de limpeza voluntaria do río Gafos
Por Redacción |
-
Instalan no Gafos seis hoteis para bichos
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío recupera a lenda do demo asubiador para felicitar as festas
Por Redacción |
-
Unha ducia de voluntarios limpa a presa do Muíño de Cabanas
Por Redacción |
-
Denuncia de Vaipolorío contra Red Eléctrica Española pola corta de vexetación de ribeira en Bertola
Por Redacción |