Detidos dous mozos por un roubo con intimidación
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra detiveron a dous veciños de Pontevedra de 21 e 20 anos de idade respectivamente, con antecedentes policiais, por un delito de roubo con intimidación.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría, os feitos sucederon o día 19 de xaneiro nas inmediacións da estrada de Vigo cando unha parella denunciaba ser agredida por dous homes que se baixaron dun vehículo e subtraíanlle unha "riñonera" que levaba a moza con 30 euros no seu interior. As vítimas foron atendidas nunha ambulancia.
Desde a comisaría de Pontevedra iniciouse un dispositivo que logrou interceptar ao vehículo, procedendo ao arresto dos ocupantes tras identificalos como os supostos autores dun roubo con intimidación.
Os detidos entregaron aos axentes a "riñonera" subtraída que foi devolta á súa propietaria.