Alertan da presenza dun exhibicionista na zona de Pasarón
Por Natalia Puga
Veciñas da contorna do estadio de fútbol de Pasarón, no barrio do Burgo, chamaron á Policía Nacional en varias ocasións na tarde do mércores para alertar da presenza dun exhibicionista que se dedicaba a acosar a mulleres e masturbarse en público.
Fuentes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra confirmaron este xoves que recibiron varias chamadas na tarde do mércores e acudiron á zona. Estas alertas veciñais figuran nos partes de incidencias das patrullas de seguridade cidadá, pero ningunha persoa afectada formalizou unha denuncia na Comisaría.
Os policías que acudiron o mércores á zona ante as chamadas veciñais identificaron o suposto responsable en varias ocasións. Trátase dun indixente que leva xa un tempo na cidade e que xa fora identificado con anterioridade por comportamentos similares.
A presenza deste individuo no barrio motivou varias publicacións de denuncia en redes sociais nos últimos días, todas relativas a incidentes ocorridos na tarde do mércores 19.
Unha muller denunciou por este medio un episodio ocorrido sobre as 21.00 horas. Camiñaba en compañía dunha amiga cando, nas inmediacións de Pasarón, viron un home "tocándose cando pasaban mulleres diante del".
Ambas as mulleres alertaron á Policía Nacional, que compareceu no lugar e identificou o individuo.
Outra muller relatou que o home a seguiu ata o portal de casa sobre as 22.10 horas. Empezou a seguila á saída dun bar " balbuceando e gritando" e, cando ela entrou no portal, empezou a darlle golpes e seguiu gritando.
Segundo deu a coñecer esta muller nunha publicación en redes sociais, pouco máis tarde, o home baixou os pantalóns e empezou a masturbarse. Nese momento, ela alertou á Policía Nacional.
Relacionadas:
-
A xuízo un veciño de Poio por maltratar e violar reiteradamente á súa muller
Por Oskar Viéitez |
-
Detidos dous mozos por un roubo con intimidación
Por Oskar Viéitez |
-
Os delitos sexuais poñen ao feminismo en loita e á Policía en alerta
Por Natalia Puga |
-
Unha vítima do exhibicionista de Lourido: "Non comprendo como vou poder sentirme segura de agora en diante"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Denuncian un vilagarcián por exhibirse espido e provocar a dúas menores de 15 e 16 anos
Por Redacción |