Esixen a Sanidade máis persoal para o Centro de Saúde de Caldas ante o aumento da demanda asistencial
Por Redacción
Situación "inaceptable" e "crítica" a que, segundo a agrupación socialista de Caldas, se vivía este xoves 20 no Centro de Saúde da vila. Os contaxios por covid-19 obrigaron a pechar o Centro de Saúde de Portas e os pacientes deste municipio foron derivados polo Sergas a Caldas.
Manuel González, secretario xeral da agrupación socialista de Caldas, afirma que nesta xornada só había un facultativo dispoñible no centro sanitario da localidade, segundo trasladábanlle desde o propio centro. Consideran que este escenario demostra a falta de investimentos do Partido Popular na atención primaria e a dotación insuficiente de persoal sanitario debido á política de recortes.
Ante esta situación, reclaman un "rápido" reforzo de persoal sanitario para o Centro de Saúde de Caldas para facer fronte ao incremento da demanda asistencial na comarca. O alcalde Juan Manuel Rey tamén mostraba a súa preocupación ante estes feitos e agradecía o esforzo do persoal, a súa motivación e profesionalidade para atender a todas as persoas que requiren durante estes días a asistencia sanitaria.
Relacionadas:
-
Os clubs, a hostalería e o comercio de Caldas implícanse na programación de actividades deportivas e de lecer
Por Redacción |
-
"O Sergas quérenos así", de xeonllos e traballando 48 horas seguidas
Por María José Pita |
-
Sanidade reclama a Caldas, O Grove, Poio, Barro e Meis terreos para os novos centros de saúde
Por Redacción |