Unha empresa opta a executar as obras na pista polideportiva de Nantes
Por Redacción
O prazo de presentación de ofertas para a execución o proxecto do peche e instalación de baños na pista polideportiva do colexio de Nantes concluíu este luns coa oferta de Construciones Castro Figueiro.
A actuación saíu a licitación a finais do pasado mes de decembro por 249.950 euros.
A obra consistirá en dotar de aseos, así como un almacén para equipamento deportivo, cerramento e carpintería exterior á pista polideportiva cuberta realizada na primeira fase, instalación eléctrica, de iluminación e protección contra incendios, alcanzando o global da construción executada un nivel de acabado e servizos totalmente óptimo e apto para a práctica deportiva.
No apartado de melloras do prego de condicións, inclúese a subministración e instalación do pavimento deportivo de alta resistencia, con cor a elixir, nunha superficie de 1.152 metros cadrados, así como a marcaxe e pintado de campos regulamentarios de fútbol sala e de baloncesto. En total, as melloras están valoradas en 55.572 euros.
Os técnicos municipais valoran agora a memoria descritiva dos traballos incluída na oferta do licitador.