O PP reclama explicacións pola sentenza que condena á Deputación por contratar a 38 falsos bolseiros
Por Oskar Viéitez
A deputada provincial do Partido Popular, Pepa Pardo, considera que a sentenza do Tribunal Supremo que condena á Deputación por contratar a 38 falsos bolseiros "é un importante revés" para a presidenta da administración provincial, Carmela Silva "que ten que deixar de esconderse e dar moitas explicacións públicas ao respecto".
Sobre esta "fraude na contratación dos becarios", pregunta a voceira dos populares se "é este o modelo de emprego do PSOE?" e critica "o escurantismo co que o bipartito envolveu todo este proceso".
Ademais, o partido Popular di que é unha "burla á intelixencia da cidadanía" que "intenten responsabilizar ao PP dunha inspección laboral que se fixo en 2018, cando o bipartito xa levaba tres anos gobernando a Deputación, e que chama especialmente a atención sobre o caso dos mestres composteiros".
Recordan que nesta sentenza están afectados becarios que prestaban servizo no propio Pazo da Deputación de Pontevedra, pero tamén noutros servizos, como a Finca de Mouriscade ou o Plan Revitaliza.
De feito, sinalan, "o que di a sentenza é que precisamente os mestres composteiros son o caso máis evidente de que se trata dunha relación laboral. Non só polo soldo, case 1.400 euros e moi por riba do que reciben o resto de becarios, senón tamén porque sinala a sentenza, a memoria demostrouse ser un mero formalismo e o 60% da plantilla eran becarios".
Ademais, engade o PP, outra das cuestións que se recollían na acta da inspección de traballo era que a Deputación estaba negando dereitos aos becarios, e puxo como exemplo que se negou a un dos becarios permiso por intervención cirúrxica da súa nai.
"Que se deixen de buscar culpables e asuman a súa responsabilidade dunha vez por todas", conclúe Pepa Pardo.
Relacionadas:
-
Tenso debate na Deputación sobre a sentenza dos bolseiros con críticas de Carmela Silva ao uso da TVG "para maior gloria do PP"
Por Anxo Lourido |
-
O PP asegura que na Deputación "está instaurada la ley del silencio" respecto a aqueles asuntos que lle son "incómodos"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP esixe á Deputación un plan propio para potenciar os castros da provincia
Por Redacción |
-
O PP reclama explicacións no pleno de Carmela Silva sobre a sentenza dos bolseiros da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación esixe ao PP que pida perdón tras a sentenza que ratifica a relación laboral de 38 bolseiros coa administración provincial
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación recorrerá a sentenza que recoñece como empregados a 38 ex bolseiros
Por Oskar Viéitez |