Aposta pola "mobilidade amable" para as rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González de Cuntis
Por Redacción & Mónica Patxot
As rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González cambiarán ao longo deste ano para converterse en espazos de calidade, despois de que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, asinasen un convenio, a través do Pla ReacPon, este luns na Deputación para abordar os proxectos de reforma destes dous viais.
A obra permitirá renovar o parque infantil, que pasará a contar con nova iluminación e pavimento de seguridade. Tamén se instalarán elementos biosaudables na zona que rodea á pista de xogos. Ademais, está prevista a ampliación de espazos para o descanso; mellorarase a seguridade viaria ao reducir a velocidade a 20 Km/ h. e tamén a accesibilidade.
O proxecto tamén ten en conta a renovación das redes de fecais, pluviais, auga potable e iluminación. Instalaranse novos elementos de sinalización e tamén novo mobiliario urbano, que contará cun banco-cargador de móbiles que será alimentado con enerxía solar.
Esta iniciativa conta cun orzamento de 578.417 euros, dos que a Deputación Provincial financiará 496.933, mentres que o Concello farase cargo dos 81.000 restantes.
Manuel Campos destacaba o apoio da institución provincial para abordar este e outros proxectos. Pola súa banda, Carmela Silva felicitaba ao alcalde por esa aposta pola transformación dos espazos para recuperar zonas para as persoas, tal e como demanda a Axenda 2030.
A Deputación tamén financiará este ano a reforma da Rúa da Palma na EP-8402 Cuntis-Cequeril, que actualmente se atopa en fase de licitación. Trátase dun proxecto no que se inviste 600.000 euros. A presidenta provincial tamén destacou que o vindeiro xoves 20, a Oficina de Turismo de Cuntis reciba o recoñecemento da Q de Calidade na feira Fitur.
Manuel Campos explicou que se atopan á espera do financiamento por parte do IDAE dun proxecto de mobilidade para o centro histórico de Cuntis e tamén anunciaba que o Plan Concellos se destinará a actuacións nos núcleos do rural, ademais da mellora da sede de Castrolandín.
Relacionadas:
-
Medio millón de euros, investimento para cambiar as rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González de Cuntis
Por Redacción |
-
Executan tarefas de mantemento no centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |
-
A reforma da Rúa da Palma e a reordenación do Espadenal, dúas obras para a "transformación histórica" de Cuntis
Por Redacción |
-
Adxudican a Covsa o proxecto de reurbanización das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González, en Cuntis
Por Redacción |
-
Sae a licitación o proxecto para converter varias rúas de Cuntis en 'espazos amigables'
Por Redacción |
-
Cuntis destina 100.000 euros á mellora dos accesos a Vilariño, Montesandeu e Carreira Ancha
Por Redacción |
-
Case doce millóns investirá a Deputación en 2022 nos concellos da área de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O proxecto de reforma das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González supera o medio millón de euros
Por Redacción |