Convenio para renovar o espazo público na Praza Frei Antonio Orge
Por Mónica Patxot & Redacción
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaba este luns un convenio co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, para afrontar a obra de reordenación da Praza de Frei Antonio Orge.
O Plan provincial ReacPon axudará a financiar este proxecto cunha achega de 419.871 euros nun orzamento que ascende a 493.966 euros. Andrés Díaz manifestaba que sen a axuda da Deputación non sería posible acometer reformas como esta ou como a xa desenvolvida na Praza de España.
Pola súa banda, a presidenta Carmela Silva encomiou a transformación que está a experimentar Ponte Caldelas con principios de mobilidade amable, ademais aplaudiu a xestión de Andrés Díaz dos fondos, dando cumprimento a prazos que moitas veces "son complicados".
Silva insistiu en que desde a Deputación Provincial son moi conscientes dos poucos recursos que teñen os Concellos para asumir investimentos e ferramentas como o plan ReacPon, para municipios de menos de 50.000 habitantes, permiten cumprir estes obxectivos.
O alcalde marcouse como obxectivo finalizar esta obra en agosto deste ano cun incremento da superficie para uso peonil, mellorando a accesibilidade e a seguridade viaria. Tamén se configurará un renovado espazo público conectado coa rede de espazos peonís do municipio. O proxecto contempla a reordenación do tráfico de vehículos, con plataformas únicas, creación dunha nova praza con mobiliario urbano e novo pavimento. A estes traballos sumarase a dotación de instalacións para recollida de pluviais e iluminación led
Relacionadas:
-
As obras de reordenación da Praza Frei Antonio Orge, a piques de comezar
Por Redacción |
-
A caótica Praza Frei Antonio Orge converterase nun espazo de encontro cidadá
Por Redacción |
-
Case doce millóns investirá a Deputación en 2022 nos concellos da área de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |