A área sanitaria de Pontevedra volve a sumar máis dun milleiro de infectados nun día

Por Alejandro Espiño
Por segundo día consecutivo, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra máis dun milleiro de novos casos de infección por covid-19. Ata 1.020 persoas contraeron o coronavirus, o que sitúa os casos activos en 7.912. Son 671 máis que onte.
Crecen tamén os ingresados con coronavirus nos tres hospitais da área sanitaria. Hai 72 en total, dos cales os máis graves son 8 que atopan ingresados na UCI de Montecelo.
A maiores, atendidos en planta hai outras 64 persoas. Hai 52 en Montecelo, nove no Hospital do Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos que contraeron o virus, outras 7.840 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio da pandemia 30.854 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 346 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 237 falecementos asociados ao virus. O último, o dun home de 84 anos que estaba ingresado en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 376.743, 704 nas últimas horas. A elas súmanse as 201.236 probas de antíxenos e outras 117.798 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 69.717, 4.936 máis que o día anterior. Deles, 14.045 son da área da Coruña, 7.214 da de Lugo, 8.341 da de Ourense, 7.912 da de Pontevedra, 17.489 da de Vigo, 10.706 da de Santiago e 4.010 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 69.178 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 255.255 persoas curadas, rexistrándose 2483 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.455.181 probas PCR, 7.064 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antígenos, foron 8.615.
Relacionadas:
-
Terceiro morto por covid-19 esta fin de semana, un home de 84 anos en Montecelo
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 soben a 77, oito deles na UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Unha muller de 82 anos, usuaria da residencia de Vilaboa, falece por covid-19 en Montecelo
Por Redacción |
-
Nova vítima mortal da pandemia en Pontevedra, un home de 84 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Todos os maiores de 18 anos recibirán a dose de reforzo da vacina contra a covid-19
Por Redacción |