O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria dará formación sobre coctelería de mar
Por Redacción
O Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, ubicado no Parque Azul, acollerá o curso Coctelería do mar, que foi presentado este martes pola concelleira de Comercio e Turismo, Cristiña Acuña, o presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey, e Marián Barreal, tamén de AJE.
A formación estará destinada ao sector da hostalaría e contará con 12 prazas dispoñibles para o seu desenvolvemento en modalidade presencial, entre o 24 e o 28 de xaneiro, de 09.30 a 13.30 horas.
O alumnado participante nesta acción formativa, aprenderá como se fan cócteis innovadores, en cuxa elaboración estarán presentes os mariscos do entorno. Tal e como explica a concelleira, con esta acción "os hostaleiros da vila poderán aprender outro xeito de utilizar esta materia prima tan boa que temos na nosa ría" e traballarán para posicionar o sector como puntal estratéxico na promoción turística de Marín.
A formación contará con tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de evento.
O formador en coctelería será Carlos Abilleira, campión galego de Flair (coctelería acrobática) e campión galego de gin tónic, formador e cocteleiro dende fai 10 anos. A mentoría corre a cargo de Elena Vitoria, consultora e directora de proxectos de gastronomía e restauración.
Nas tres primeiras xornadas do curso, os alumnos aprenderán a facer diversos cócteis, na elaboración atoparemos productos do mar. Se ensinarán as chaves e recursos, e se guiará para que fagan o diseño dun cóctel propio.
A cuarta xornada consitirá nunha mentorización para aconsellar o alumnado como sacar o máximo aproveitamento aos coñecementos adquiridos.
Na ultima xornada celebrarase un evento a modo de práctica, con asistentes convidados e a porta pechada, co obxectivo de que adquiran as ferramentas cara a defender os seus cócteles con xente e tamén practicar o seu cóctel propio.
Para inscribirse, hai que escribir un mail a marin@ajepontevedra.com ou chamar ao teléfono 637 76 20 82.
O curso Coctelería do mar encádrase dentro das actividades programadas no convenio de colaboración entre o IGAPE e AJE Galicia para a realización de actividades de apoio ao emprendemento.
Relacionadas:
-
Nove clases maxistrais para aprender a cociñar os peixes e mariscos da ría
Por Redacción |
-
Clase maxistral sobre os mariscos máis descoñecidos das Rías Baixas ao estilo Masterchef
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Iñaki Bretal inaugura o martes en Marín unha serie de xornadas de formación no cociñado de produtos pesqueiros locais
Por Redacción |