Melchor, Gaspar e Baltasar fan un oco aos nenos de Marín na súa apertada axenda
Por Redacción
Contan cunha axenda moi apertada, pero os Reis Magos non quixeron deixar de lado a Marín horas antes de poñerse a traballar para repartir todos os agasallos que lles pediron.
Melchor, Gaspar e Baltasar repartíronse entre tres localizacións do centro urbano, no lateral do Concello, a Avenida de Ourense e o inicio de Ezequiel Massoni, protagonizando unha cabalgata estática que lles permitiu saudar aos nenos e nenas da vila.
Con todas as medidas de seguridade que esixe a situación actual, os pequenos puideron saudar ás súas Maxestades e mesmo trasladar algunha petición de última hora.
Tras esta recepción, os Reis tiñan previsto un percorrido en coche por diferentes puntos do municipio, tanto do centro urbano como do rural.