Vehículos clásicos para que os Reis Magos cheguen a todos os lugares de Ponte Caldelas
Por Redacción
As Súas Maxestades de Oriente estarán o mércores 5 de xaneiro en Ponte Caldelas para saudar a nenos e maiores. Nesta ocasión achegaranse a todos os lugares do municipio nunha comitiva custodiada pola Policía Local, como xa fixeron o ano pasado.
Os Reis Magos percorrerán o concello en vehículos clásicos descapotables para que poidan saudar a todas as persoas ao seu paso, repartirán caramelos e entregarán un agasallo a cada neno. Neste sentido, o alcalde Andrés Díaz agradece ao Club AVA Pontevedra (Amigos dos Vehículos Antigos) a súa colaboración para facer posible a chegada dos Reis Magos a todos os lugares de Ponte Caldelas.
As Súas Maxestades serán recibidas oficialmente ás 11.00 horas na Casa Consistorial polo alcalde e partirán por diferentes lugares. Ás 11.10 h. a cita é en Pazos; 11.20 h. Forzáns; 11.30 h. Caritel; 11.35 h. A Esfarrapada; 11.40 h. Anceu; 11.50 h. Barbudo; 12.00 h. Chaín; 12.10 h. Regodobargo; 12.20 h. Silvoso; 12.30 h. Insua; 12.35 h. A Roca; 12.45 h. Rebordelo; 13.00 h. Laxoso; 13.10 h. Praza de España.
Logo dunha pausa para o xantar, pola tarde seguirán o percorrido ás 15.05 h. en Caldelas; 15.20 h. Paradela; 15.25 h. Gradín; 15.35 h. Parada; 15.50 h. Taboadelo; 16.00 h. Xustáns; 16.10 h. Baltar; 16.15 h. A Reigosa; 16.25 h. Vilarchán; 16.30 h. Contixe; 16.40 h. Mirón; 16.60 h. Buchabade; 17.00 h. Tourón; 17.05 h. Cuñas; 17.10 h. casco urbán de Ponte Caldelas.