Urbanismo dá luz verde á edificación dun novo tanatorio de San Marcos no parque empresarial de Nantes
Por Redacción
A Comisión de Urbanismo do Concello de Sanxenxo aprobou dúas novas licenzas de obra no polígono empresarial, concretamente para a execución dun tanatorio e tamén dunha nave de servizos técnicos de construción.
No primeiro dos casos trátase da edificación dun novo tanatorio de San Marcos, que ocupará unha parcela de 1.444 metros cadrados.
Pola súa banda a outra licencia aprobada permitirá habilitar unha nave de 856 m2.
Ademais Urbanismo concedeu unha licenza de primeira ocupación á firma de transformación de produtos do mar e conxelados cuxa nave se levantou en dúas parcelas que suman 4.132 m2.
Con estas novas licenzas o parque industrial de Nantes chega ás 50 parcelas ocupadas do total de 261 dispoñibles para a actividade empresarial. Ademais o Concello dispón dunhas parcelas que suman 48.704 metros cadrados que se destinarán a equipamentos públicos, entre os que destacan as novas sedes da policía local, o servizo de emerxencias e os servizos de mantemento, parques e xardíns.
Relacionadas:
-
O interese polas vivendas unifamiliares que impulsou a pandemia pervive en Sanxenxo, en pleno boom de licenzas
Por Redacción |
-
San Marcos continúa medrando coa presentación dos dos novos tanatorios ubicados en Sanxenxo e Meis
Por Noticia patrocinada |
-
Nantes reforza o seu catálogo empresarial coa chegada de Eurotec
Por Redacción |
-
Unha empresa de baterías para aeronaves traslada a súa sede de Canadá a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sete novas empresas confirman que se asentarán no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Mercadona e a firma de conxelados Xesnova Global asentaranse no polígono de Nantes
Por Redacción |