As Maxestades de Oriente farán recepcións o día 5 nas igrexas parroquiais e no Pazo da Crega
Por Redacción
Os Reis Magos de Oriente realizarán un intenso percorrido durante a xornada do día 5 por Barro a partir do mediodía.
Ás 12.00 horas visitarán a Igrexa de Perdecanai, media hora máis tarde achegaranse pola igrexa de San Breixo. Ás 13.00 horas chegará a visita á parroquia de Valiñas e, a continuación, á de Agudelo.
Durante a tarde, Melchor, Gaspar e Baltasar achegaranse ás 16.00 horas pola Igrexa de Curro e ás 16.30 horas, á de Portela. Por último, está previsto que As Súas Maxestades realicen unha recepción no Pazo da Crega con recibimento do público infantil.
Desde o Concello de Barro pídese á cidadanía que se achegue para ver á comitiva real ao momento máis próximo á súa vivenda. Lembran a obrigatoriedade do uso da máscara e de manter a distancia de seguridade durante estes actos.