A corentena dos positivos redúcese a sete días se non hai síntomas
Por Redacción
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, precisou que a redución das corentenas de 10 a 7 días aplicarase exclusivamente para as persoas positivas con covid que non teñan síntomas e entrará en vigor para os casos que se diagnostiquen desde este xoves.
Así o acordou por unanimidade a Comisión de Saúde Pública.
Ademais, os contactos que requiren período de illamento (é dicir, aquelas persoas non vacinadas que son contacto estreito dun positivo) tamén rebaixan o seu período de corentena a 7 días.
Agora os contaxiados asintomáticos só terán que permanecer en casa 7 días, pero se en cambio teñen síntomas seguirán illados ata que se recuperen, sen necesidade dunha PCR. A medida empezará a afectar a aqueles enfermos que sexan diagnosticados a partir hoxe xoves.
Os que non se recuperen tras 7 días e sigan con síntomas, terán que seguir recluídos.
Relacionadas:
-
Ata 812 pontevedreses deron positivo tras facer unha PCR sen cita na última semana
Por Alejandro Espiño |
-
Un erro informático colapsa a vacinación e xera longas colas en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 629 novos contaxios nas probas diagnósticas
Por Oskar Viéitez |