Confírmanse 511 novos casos de covid nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez
Este martes día 28 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 4.111 casos activos de coronavirus, son 310 máis que onte luns. Nas últimas 24 horas confirmáronse 511 novos contagios nas probas diagnósticas practicadas.
Destes casos 1.676 corresponden á cidade de Pontevedra.
Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) baixan a 35 (dous menos) os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 25 (tres menos) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 (dous máis) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 (un menos) no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 11 pacientes críticos (un máis).
Actualmente permanecen 4.065 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.445 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 201 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 226 pacientes, a última, unha muller de 81 anos no Hospital Montecelo, que presentaba patoloxías previas.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 2.106, que se engaden ás 356.455 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 176.958 probas de antígenos e outras 114.696 probas distintas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.334 deles 4.914 son da área da Coruña, 2.289 da de Lugo, 3.052 da de Ourense, 4.111 da de Pontevedra, 7.960 da área de Vigo, 4.401 da de Santiago e 1.607 da de Ferrol.
Os 28.334 casos activos de hoxe son un novo máximo de toda a pandemia, do mesmo xeito que a incidencia a 14 días de 988 e a incidencia a 7 días de 670 por cada 100.000 habitantes.
Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 249 en unidades de hospitalización e 28.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 197.844 persoas curadas, rexistrándose 2.753 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.261.145.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.760.431.
Relacionadas:
-
Este mércores 29 deixan de facerse PCR sen cita no Provincial ao entender o Sergas que se entra en "fase de mitigación"
Por Redacción |
-
Dous homes, de 66 e 73 anos, novas vítimas mortais con covid en Montecelo
Por Redacción |
-
A hostalería pechará ás 01.00 horas en Noitevella
Por Anxo Lourido |
-
A metade dos pacientes ingresados na UCI de Montecelo non quixeron vacinarse
Por Alejandro Espiño |
-
Falece unha muller de 81 anos con covid establecendo unha cifra de 12 mortes en 10 días na área sanitaria
Por Redacción |
-
Xa son 3.801 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |