Marín, O Grove, Meis e Barro mellorarán os sistemas de xestión da auga
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un montante de 770.390 euros que se destinarán aos municipios de Marín, O Grove, Meis, Barro, Pontecesures, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza. Este diñeiro investirase en establecer sistemas sostibles para a xestión da auga pública.
Utilizaranse novos mecanismos que permitirán un aforro enerxético do 28%, segundo informan desde a Deputación, que aprobaba a achega de 692.300 euros concedida polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) e os 78.090 euros que traslada directamente a Deputación a estas infraestruturas. O resto, un 11% da cantidade total que ascende a 865.380 euros, será achegado polos distintos Concellos.
Con ese diñeiro cambiaranse bombas de impulsión de auga instalaranse variadores de frecuencia nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais e nas Estacións de Bombeo de Augas Residuais.