Pontevedra, contra a derrogación da doutrina Parot
Por Natalia Puga
Pontevedra sumouse ás cidades que saíron á rúa para protestar pola derrogación da doutrina Parot recollida na controvertida sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH). Este xoves ao redor de 200 persoas concentráronse ás portas da Audiencia Provincial de Pontevedra para pedir "derechos humanos también para las víctimas".
Os asistentes foron, principalmente, familiares e amigos das vítimas do crime de Nigrán de 1994, polo que foron condenados dous ex policías que agora presentaron senllos recursos ante a Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra para pedir a revisión da súa condena tras a última resolución do tribunal de Estrasburgo en relación co caso da etarra Inés do Río. Sumáronse veciños de Pontevedra anónimos e algunhas caras máis coñecidas como a nai da pontevedra Sonia Iglesias, desaparecida en agosto de 2010. Carmen Eirín que acudiu para "que se haga justicia".
En nome das vítimas do crime de Nigrán falou Emilio Muiños, que en 1994 traballaba para o empresario Fernández Sanromán, asasinado polos dous ex policías xunto á súa muller, a súa filla e unha traballadora do fogar. Explicou que o obxectivo desta concentración é deixar claro que "aunque pasaron 19 años no nos olvidamos de lo que hicieron esos dos asesinos esos primeros días de febrero de 1994".
"Hace 19 años pero eso no es suficiente para que olvidemos lo que esta gente hizo", engadiu nunha concentración á que tamén asistiu un dos fillos de Fernández Sanjurjo, que, xunto ao seu irmán, librouse da matanza no chalé familiar no que previamente foran secuestrados.
Estes familiares directos das vítimas de Nigrán rexeitaron facer valoracións, pero Emilio Muiños explicou que están pasando por un momento difícil. "Se pueden imaginar cómo lo pueden estar viviendo después de vivir esta película en directo ahora tener que tragar esto también", sinalou, e engadiu que se os dous condenados teñen que saír en liberdade debería impórselle unha orde de afastamento que lles impida regresar ao lugar do crime.
"Sería lo mínimo no encontrarnos con ellos en la calle, lo mejor que nos puede pasar es no encontrarnos con ellos de frente", indicou, aínda que aínda que os dous condenados seguen en prisión (foron condenados a 212 anos), un xa goza de permisos penais e outro se atopa en terceiro grao, de modo que xa saen á rúa.
O portavoz dos manifestantes asegurou que "no nos olvidamos ni perdonamos" e acusou a sentenza de "impresentable". Ademais, criticou a celeridade dos tribunais españois en aplicar a sentenza, pois "creemos que empezaron a aplicarla casi antes de ser aprobada y publicada y sabemos que no siempre es así. Cuando no les interesa la cosa va lenta, pero aquí no sé por qué tanta velocidad".
Os dous ex policías, Manuel Lorenzo Vázquez e Jesús Vela Martínez, presentaron senllos recursos ante a Audiencia Provincial. A Fiscalía xa os recibiu e pediu que se lle remita o sumario íntegro do caso para estudalo e emitir un informe coa súa postura sobre a revisión das condenas. Unha vez que o fiscal emita o informe, a sala sentará a deliberar.
Relacionadas:
-
A Audiencia deixa en liberdade os condenados do crime de Nigrán en base á derrogación da doutrina Parot
Por Natalia Puga |
-
Dous ex policías condenados por asasinato piden revisar a súa condena tras derrogarse a doutrina Parot
Por Natalia Puga |
-
De Pontevedra a Teixeiro para protestar pola "claudicación del Estado" coa liberación de Inés del Río
Por Natalia Puga |