Ponte Caldelas investirá 77.000 euros no novo aparcadoiro detrás da ludoteca
Por Redacción
Parking Central. Así se chamará o novo aparcadoiro que o Concello de Ponte Caldelas proxecta detrás da ludoteca municipal para ampliar os espazos de aparcamento na vila.
A construción deste equipamento acaba de saír a licitación por 77.000 euros. As empresas interesadas neste contrato terán ata o 12 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O prazo de execución das obras será de dos meses.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destaca que esta infraestrutura dotará ao municipio de máis prazas de aparcamento en pleno centro da vila.
"Ponte Caldelas medra coa chegada de máis veciños e máis persoas da contorna veñen mercar á nosa vila, porque somos o centro comercial de toda a comarca", sinala Díaz, que recorda que desde 2015 duplicáronse os aparcamentos "e, aínda así, hai días que non chegan".
Este aparcamento forma parte, segundo o rexedor, do esforzo do goberno municipal por mellorar o espazo urbano para gañar en seguridade e mobilidade peonil, ao mesmo tempo que se incrementan e ordenan as prazas de aparcamento gratuíto para os vehículos.
Relacionadas:
-
Abre o parking central de Ponte Caldelas, con tempo limitado a tres horas
Por Redacción |
-
Comezan as obras do aparcamento central de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pecha ao tráfico a Estrada do Balneario para avanzar na súa mellora
Por Redacción |
-
Habilitan unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila
Por Redacción |