Investigan un incendio provocado nunha nave industrial en Ponte Caldelas
Por Redacción
A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o incendio rexistrado na madrugada deste luns nunha nave industrial en Baltar, Ponte Caldelas.
O incendio foi sufocado por dúas dotacións dos Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Morrazo e O Salnés, pero os primeiros en chegar foron os axentes do Instituto Armado que acudiron tras saltar a alarma nesta instalación próxima ao Polígono Industrial da Reigosa.
Ao chegar os axentes atopáronse coa porta rota.
As chamas centráronse nun vehículo de transporte, segundo explicaron os servizos de emerxencias. A nave sufriu danos por mor do fume.