A morte dun home de 62 anos con covid eleva a once os falecidos en nove días na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste domingo o falecemento dun home de 62 anos que estaba diagnosticado de covid-19 e ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
No últimos nove días morreron 11 persoas por covid na área sanitaria de Pontevedra O Salnés.
Aquel día 17 de decembro morreron unha muller de 95 anos e un home de 86 ambos os ingresados no CHOP, o día 19 un veciño de Sanxenxo de 77 anos que falecía no seu domicilio e ao día seguinte notificáronse os decesos de dous pacientes un home de 95 anos ingresado no CHOP e outro de 90 no hospital do Salnés. O 21 de decembro falecía un home de 90 anos no CHOP, o 22 outro home de 88 no Salnés, o 23 un home de 81, en Noiteboa outro home de 75, o día de Nadal un home de 72 anos, estes tres últimos estaban ingresados no CHOP.
Coa morte hoxe domingo deste sexagenario, que presentaba patoloxías previas, a lista de falecidos en Galicia desde o inicio da pandemia ascende a 2.745.
Relacionadas:
-
Falece unha muller de 81 anos con covid establecendo unha cifra de 12 mortes en 10 días na área sanitaria
Por Redacción |
-
Feijóo anuncia "medidas proporcionadas" para reducir a interacción social en Fin de Ano
Por Alejandro Espiño |
-
Xa son 3.801 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia marca este domingo o seu máximo de casos activos de Covid-19 de toda a pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
Os contaxios desbócanse ata chegar aos 3.453 casos activos
Por Oskar Viéitez |