Galicia marca este domingo o seu máximo de casos activos de Covid-19 de toda a pandemia
Por Oskar Viéitez
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa este domingo que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.252. Esta cifra supón o máximo de casos activos rexistrados en toda a pandemia.
Detectáronse en 24 horas 2.778 novos positivos.
A subida no número de casos activos repetiuse no último día en todas as áreas sanitarias con 4.151 (323 máis) en da área da Coruña, 1.977 (237 máis) na de Lugo, 3.453 (208 máis) na de Pontevedra, 7.075 (877 máis) na área de Vigo, 3.514 (318 máis) na de Santiago e 1.247 (176 máis) da de Ferrol. A única excepción é a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, nas infeccións activas reducíronse lixeiramente ata as 2.835, que supoñen 36 menos que a anterior xornada.
Os pacientes ingresados con Covid-19 aumentaron lixeiramente nas últimas 24 horas e xa hai 55 persoas nas unidades de coidados intensivos (UCI), cinco máis que hai un día. Nas unidades convencionais de hospitalización son 219, dúas menos. O total de hospitalizados sobe de 271 a 273. O pasado domingo eran 282 hospitalizados, 9 menos que hoxe.
Desde que empezou a pandemia as mortes con COVID-19 ascenden a 2.744.
A taxa de positividade disparouse na última xornada e sitúase no 19,8%, moi por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) como referencia para considerar controlada a pandemia.
Relacionadas:
-
Falece unha muller de 81 anos con covid establecendo unha cifra de 12 mortes en 10 días na área sanitaria
Por Redacción |
-
Xa son 3.801 os casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
A morte dun home de 62 anos con covid eleva a once os falecidos en nove días na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Os contaxios desbócanse ata chegar aos 3.453 casos activos
Por Oskar Viéitez |
-
Nova morte dun paciente con covid en Montecelo, un home de 75 anos
Por Redacción |
-
Explosión de contaxios en Galicia
Por Oskar Viéitez |