Os contaxios desbócanse ata chegar aos 3.453 casos activos
Por Oskar Viéitez
Este domingo 26 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 3.453 casos activos de coronavirus, son 208 máis que onte sábado día de Nadal. Nas últimas 24 horas confirmáronse 371 novos contaxios nas probas diagnósticas practicadas.
Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) baixan a 31 os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 22 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 (un menos) no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo Así mesmo hai 12 pacientes críticos (un máis).
Actualmente permanecen 3.410 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.177 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 161 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 224 pacientes, o último, un home de 75 anos no Hospital Montecelo, que presentaba patoloxías previas.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 2.124, que se engaden ás 352.592 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 174.668 probas de antíxenos e outras 114.695 probas distintas de detección da covid-19.
Relacionadas:
-
A morte dun home de 62 anos con covid eleva a once os falecidos en nove días na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia marca este domingo o seu máximo de casos activos de Covid-19 de toda a pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
Nova morte dun paciente con covid en Montecelo, un home de 75 anos
Por Redacción |
-
Explosión de contaxios en Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
3.245 casos activos na nosa área sanitaria, confirmados 360 novos desde onte
Por Oskar Viéitez |