As obras públicas paralizan a súa actividade durante o Nadal
Por Redacción
As obras da cidade quedaron en paradas o pasado día 23 de decembro. Permanecerán sen actividade até o remate das festas do Nadal.
O motivo deste parón é que así esta previsto no propio convenio dos traballadores do sector, por outra banda o Concello tamén quere de apoiar o comercio local, retirando calquera obstáculo das rúas e evitando as molestias habituais que pode xerar unha obra na rúa, facilitando tamén o tránsito a pé.
"Non pasa nada porque unha obra tarde unha semana ou dez días máis en ser rematada", explica o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, que tamén lembra que no referente ao sostemento de espazo público, que tamén queda paralizado, si deixará activo un retén de garda para cubrir calquera emerxencia que poida suceder na cidade, para así ser atendida "con toda a inmediatez que sexamos capaces".
Unha das últimas actuacións realizadas antes do parón foi a instalación de novos bancos na rúa Loureiro Crespo. Son pezas especiais feitas para esta zona concreta da cidade, deseñadas na Boa Vila, e que chegan logo dun pequeno atraso por mor da súa propia natureza singular á hora de ser fabricados.
Relacionadas:
-
O Concello celebra a reapertura de Loureiro Crespo tras a súa reforma integral
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Expertos en política urbana visitan Pontevedra para comprobar os investimentos de fondos europeos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Expropian tres parcelas para unha nova conexión entre a Avenida de Vigo e Campolongo
Por Redacción |