Barro reparte 96 vales de compra por valor de 1.500 euros na primeira campaña realizada entre o Concello e comerciantes
Por Redacción
A campaña de promoción do comercio local promovida polo Concello de Barro e a Asociación de empresarios de Barro (ASEMBarro) realizou o sorteo dos 96 vales de compra entre todos os participantes da campaña "Polo Nadal, comercio local" que contou coa adhesión de 24 establecementos.
Para esta campaña o Concello de Barro aportou un total de 1.500 euros que se repartiron en vales de compra de 10 e 20 euros para consumir nos establecementos que se adheriron á campaña. Esta é a primeira campaña que realizaron en colaboración a recentemente creada ASEMBarro e o Concello de Barro. Ambas entidades valoraron moi positivamente a acollida e participación na campaña que contou con miles de tíckets de compras entre os que se fixo o sorteo dos vales.
As persoas premiadas, que se serán notificadas nos vindeiros días, poderán facer uso do seu vale de compra no establecemento que lle tocou ata o 31 de xaneiro do 2022.
O Concello de Barro xa lle trasladou á Asociación de empresarios a súa intención de asinar un convenio de colaboración de cara ao ano 2022 para consolidar esta liña de traballo conxunto e poder así continuar realizando campañas que incentiven o consumo nos establecementos da localidade.