As vellas escolas de O Tombelo desaparecerán "en cuestión de días"
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo iniciou esta semana a derriba das vellas escolas de O Tombelo, unha actuación que prevé que estea terminada "en cuestión de días".
Tras a derriba, achandarase o terreo e plantarase céspede, quedando como zona verde.
A derriba puido comezarse tras a retirada da carpintería exterior e do mobiliario que aínda permanecía no interior dos vellos edificios.
Esta demolición responde a unha histórica demanda veciñal. O inmoble estaba declarado en ruína e supoñía un grave problema de insalubridade e de seguridade para os veciños máis próximos.
O vindeiro luns 27 de decembro tamén está previsto que se inicien os traballos para a derriba da vella caseta situada no exterior da subestación de Vilalonga.
Este xoves 23 asinouse o convenio con UFD Distribución Electricidade para a cesión de uso do espazo por 99 anos, período máximo legal permitido.
Este acordo permitirá converter a parcela nun espazo público, mellorar a seguridade viaria e a imaxe da entrada principal á parroquia coa dotación dunha marquesiña, unha parada de autobús e unha zona verde.
Ambos os edificios son dos anos 60..