Colexios e escolas infantís pontevedresas pechan por vacacións con 533 casos de covid
Por Oskar Viéitez
A incidencia do coronavirus nos centros educativos e escolas infantís da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense á alza con 533 casos de covid e 28 aulas pechadas.
Segundo a actualización de datos publicada este mércores pola Xunta, 521 casos e 21 aulas pechadas corresponden a colexios e institutos. A situación máis relevante é a do CEIP Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús con 15 casos e ningunha aula pechada.
Con respecto ás escolas infantís da área sanitaria de Pontevedra son 12 casos e 7 aulas pechadas.
GALICIA
Galicia ten 2.997 casos en colexios e institutos, e outros 62 en escolas infantís. A situación obrigou a pechar 159 aulas nos primeiros centros e 26 aulas nas garderías.
Deste xeito, o número de casos de covid nos centros educativos incrementouse en 406 na última semana, aínda que as aulas pechadas son menos, 159, fronte ás 214 de hai sete días.
En canto ás escolas infantís de Galicia, na última semana incrementáronse tanto o número de casos, que subiron de 39 a 62, como o número de aulas de pechadas, que pasou de 11 a 26.
Relacionadas:
-
Baixa o número de casos activos de coronavirus nos centros educativos
Por Oskar Viéitez |
-
Volta ao cole con 13.000 baixas por covid na comunidade educativa galega
Por Oskar Viéitez |
-
A vítima 221 con covid na área sanitaria é un home de 90 anos
Por Redacción |
-
A máscara volverá ser obrigatoria en exteriores pero con "excepciones"
Por Oskar Viéitez |
-
O 'vacinódromo' adáptase ao público infantil: sanitarios vestidos para a ocasión e debuxos animados e agasallos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os centros educativos da área sanitaria notifican un total de 411 casos activos na última semana
Por Oskar Viéitez |