Implican a tres pontevedreses, un menor, polo furto dun coche de repartición no Grove
Por Redacción
A Garda Civil acaba de implicar a tres veciños de Pontevedra polo furto no interior dun vehículo dedicado á repartición de mensaxería que estaba estacionado nunha rúa do Grove.
O furto denunciouse o 6 de setembro e a Garda Civil acaba de dalo por resolto coa detención dunha persoa (I.F.G., de 22 anos) e a imputación doutras dúas: A.N., de 20 anos e un menor de idade. Os dous maiores de idade teñen antecedentes policiais.
A investigación levárona os axentes de Garda Civil do Grove, pero co apoio de funcionarios de Sanxenxo e Pontevedra e deu os seus froitos ás 10.00 horas deste mércores. O detido está considerado o autor principal do furto e os dous imputados, colaboradores.
Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias o detido quedou en liberdade e, xunto co imputado, deberán presentarse ante o Xulgado de Cambados cando para iso sexan requiridos. O menor deberá render contas ante a Fiscalía de Menores.