Dous novos falecementos de pacientes con covid elevan a 216 o número de vítimas mortais na área sanitaria
Por Redacción
Un home de 86 anos e unha muller de 95 anos son as dúas novas vítimas que se suman á lista de persoas que faleceron na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con motivo da covid-19. Ambos se atopaban ingresados no Hospital Montecelo de Pontevedra e perdían a vida nas últimas horas, despois de seren diagnosticados por coronavirus polos servizos médicos. Os dous pacientes contaban con outras enfermidades nos seus historiais clínicos.
Con estas dúas novas mortes en Montecelo, o número de vítimas na área sanitaria desde o inicio da pandemia ascende a 216 pacientes. A anterior vítima rexistrouse na xornada do xoves. Tratábase dun home de 66 anos que presentaba patoloxías previas.
Desde o inicio do plan de continxencia pola covid-19 curáronse nos distritos de Pontevedra e O Salnés un total de 22.077 persoas, 85 máis que o xoves.
A consellería de Sanidade notificou outros dous falecementos máis este venres en Galicia: unha muller de 95 anos que falecía nesta xornada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e a dun home de 78 anos, que perdía a vida o xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tamén contaban con outras enfermidades nos seus informes médicos.
O número total de falecementos en Galicia con motivo da pandemia sitúanse en 2.718 persoas. Actualmente, a comunidade autónoma e o conxunto de España atópase en risco moi alto de transmisión da covid co dato de que os positivos en Galicia son o triplo agora que o ano pasado nestas datas, pero as hospitalizacións por esta enfermidade descenderon un 24%.
Relacionadas:
-
Falece un home de 81 anos con covid en Montecelo, a oitava vítima nunha semana tráxica
Por Redacción |
-
Un home de 77 anos falece con covid no seu domicilio de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os ingresos hospitalarios por covid dispáranse ata os 54, con 9 persoas na UCI
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de covid seguen a súa escalada ata os 2.361 tras detectarse 213 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 70 anos, quinta vítima da covid esta semana na Área Sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Soben a 47 as persoas hospitalizadas por covid, con 9 afectados na UCI
Por Diego Espiño |
-
Amplían o horario de atención para realizar probas PCR sen cita no lateral do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Endurecen as restricións en eventos do Nadal: prohibidos os cócteles de pé e aperitivos
Por Redacción |
-
O 'pasaporte COVID' pasa a ser obrigatorio para acceder a partidos en pavillóns e estadios ao aire libre
Por Diego Espiño |
-
A pandemia segue disparada con 195 novos positivos nun día e 43 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
Segundo falecemento asociado á covid esta semana no CHOP, o dun home de 66 anos
Por Diego Espiño |