Psicotécnico Casal Trabado, novo servizo en Pontevedra con promoción especial de apertura
"Antes de que caduque, renova o teu permiso de conducir. Unha vez cumprida a súa data de caducidade, o teu permiso non é válido para conducir ata que o renoves". Con esta mensaxe tan clara, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) facía nos últimos días deste 2021 un chamamento a que os condutores revisasen a data de caducidade dos seus permisos, xa que se veu detectando un aumento de casos de persoas que circulan co carné caducado. Unha das razóns destes esquecementos achácase á alteración do ritmo de vida que marcou a situación sanitaria.
Para cumprir coa lei, e tamén evitar sancións, a DXT insta os condutores a acudir a un Centro de Recoñecemento de Condutores autorizado e pasar o correspondente recoñecemento médico. Neste contexto, Psicotécnico Casal Trabado chega a Pontevedra para ofrecer un servizo esencial, moi necesario nunha cidade onde a oferta ata este momento estaba limitada a poucos centros.
Psicotécnico Casal Trabado abría as súas portas hai apenas mes e medio na rúa Italia 35-37 de Monte Porreiro, nunha zona con grandes facilidades de aparcamento, onde o condutor pode realizar todos os trámites, dun modo sinxelo, profesional e sen esperas. Ademais, as súas instalacións están adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Psicotécnico Casal Trabado é un centro capacitado e autorizado pola Dirección Xeral de Tráfico. Conta cun equipo formado por catro profesionais cualificados, unha médica e tres psicólogos, que ademais das probas psicotécnicas encárganse de realizar todas as tramitacións ante a DXT, tanto para a obtención e renovación do permiso de condución como para a homologación do carné en caso de cidadáns estranxeiros.
PROMOCIÓN ESPECIAL DE APERTURA
Como promoción de apertura, durante un ano Psicotécnico Casal Trabado ofrece un prezo especial de 44,90 euros. Esta tarifa reducida inclúe as probas psicotécnicas para os diferentes carnés, a fotografía dixital que se realiza no propio centro e a tramitación telemática ante Tráfico, cuxas taxas oficiais obrigatorias o cliente abona aparte e que son públicas na web de la DGT.
Ademais, concertando cita previa a través do teléfono do centro 608 911 719 engádese un desconto do 10% e ofertas especiais pola realización de máis dun recoñecemento no mesmo día. Xubilados, pensionistas, desempregados e funcionarios tamén contan con prezos especiais, dos que serán puntualmente informados ao concertar a cita previa.
SERVIZOS PROFESIONAIS COA ÚLTIMA TECNOLOXÍA
Aínda que os trámites relacionados co carné de conducir son os máis solicitados, en Psicotécnico Casal Trabado desenvolven test psicotécnicos e recoñecementos para a obtención de diferentes certificados e titulacións, como a renovación da licenza de cans potencialmente perigosos (licenza PPP); psicotécnico para a obtención da licenza para vixiantes de seguridade, seguridade privada e Corpos de Seguridade do Estado; probas médicas e exame psicolóxico para a licenza de armas; obtención ou renovación do certificado para titulacións náuticas; ou o certificado para os diferentes permisos de operador de guindastres, entre outros moitos servizos.
Para ofrecer este servizo profesional, o centro está equipado con máquinas renovadas e actualizadas, aparellos fiables para avaliacións obxectivas e rigorosas, e un sistema de última tecnoloxía para a obtención de resultados 100% fiables.
CENTRO DE PSICOLOXÍA
Psicotécnico Casal Trabado comparte instalacións cunha consulta especializada no tratamento da depresión e a ansiedade, o Centro de Psicoloxía Jano García Trabado.
No Centro de Psicoloxía Jano García Trabado desenvolven un tratamento eficaz avalado pola ciencia e baseado na terapia cognitivo condutual, con resultados demostrados de maneira eficaz aplicable a toda clase de trastornos da conduta.
O funcionamento do protocolo de intervención, en canto ás diferentes sesións que conforman a terapia, céntrase no establecemento de programas de tratamento psicolóxico especializados, nos que tanto o terapeuta como o paciente traballarán de forma conxunta.
Psicotécnico Casal Trabado e Centro de Psicoloxía Jano García Trabado atópanse situados na rúa Italia 35-37, Entresollado-Oficina 14, de Pontevedra e nos teléfonos de contacto para concertar cita previa: 608 911 719 (Centro Psicotécnico) e 604 064 323 (Centro de Psicoloxía).