Un vehículo remata nun areal en Carril ao sairse da estrada
Por Redacción
Dous irmáns de Cambados que viaxaban nunha pequena furgoneta saíronse da vía cando circulaban pola curva da Rosa en Carril (Vilagarcía de Arousa) sobre as 16:30 horas. Tras golpear contra unhas silveiras o vehículo caeu ao areal dende unha altura de aproximadamente seis metros.
Os dous ocupantes do coche, un home e unha muller, saíron conscientes e orientados tras o impacto, segundo informaron fontes de Protección Civil de Vilagarcía e foron trasladados polo 061 ata o Hospital do Salnés para pasar unha revisión médica.
O coche tivo que ser retirado por un guindastre con pluma ao longo da tarde para evitar que coa preamar quedase varado no areal.