Segundo falecemento asociado á covid esta semana no CHOP, o dun home de 66 anos
Por Diego Espiño
A Consellería de Sanidade comunicou a última hora deste xoves catro novos falecementos en Galicia de persoas diagnosticadas de coronavirus.
Entre elas atópase un home de 66 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), e que faleceu durante a xornada do 15 de decembro.
Trátase da segunda vítima esta semana na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, tras a notificada o martes día 14, unha muller de 78 anos que evolucionaba en Montecelo.
Con eles a cifra de mortes de pacientes con positivo activo por covid ascende a 214 na área sanitaria desde o inicio da pandemia.
En canto ao resto de falecementos confirmados por Sanidade, dúas persoas, home e muller de 88 anos, faleceron no Complexo Hospitalario de Ourense e un home de 74 anos fíxoo en Vigo.
Todos eles, sinala o Servizo Galego de Saúde, presentaban patoloxías previas.
Relacionadas:
-
Unha muller de 70 anos, quinta vítima da covid esta semana na Área Sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Soben a 47 as persoas hospitalizadas por covid, con 9 afectados na UCI
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid elevan a 216 o número de vítimas mortais na área sanitaria
Por Redacción |
-
A pandemia segue disparada con 195 novos positivos nun día e 43 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
171 novos contaxios elevan os casos activos na área sanitaria de Pontevedra ata os 2.105
Por Alejandro Espiño |
-
As altas non compensan os novos contaxios e a área rebasa os 2.000 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Falece unha muller de 78 anos en Montecelo con covid-19, vítima 213 na área desde o inicio da pandemia
Por Redacción |
-
Os casos activos por covid-19 rozan os dous mil e os hospitalizados soben a 47
Por Alejandro Espiño |