Papá Noel chega a Seven Pontevedra
Este sábado 18 de decembro recibiremos en Seven unha visita moi especial, e é que Papá Noel adianta a súa chegada para ter unha xornada do Nadal destinada tanto a pequenos como maiores.
Será unha viaxe longa desde Laponia pero contamos con que a iso das 17h chegue a Pontevedra e máis concretamente á nosa tenda en Cruz Gallástegui 20. Sobre esa hora Papá Noel aparcará a súa zorra nas portas de Seven, e baixará xunto ao seu séquito de elfos cargado de agasallos para todo aquel que se achegue ao longo da tarde.
Teremos música en directo, photocall e un Papá Noel entregado para escoitar as túas peticións e facerse TikToks, Reels ou selfies con cada un dos presentes. Sen dúbida un recordo indeleble para todos os de casa.
Xornada con descontos en roupa de marca para as túas compras do Nadal
Pero as sorpresas non rematan aí e é que unha visita como esta hai que celebrala. Por iso chegamos a un acordo con Santa Claus para poñer descontos en tenda, así todos aqueles que aínda estean a buscar ese agasallo perfecto para Nadal o atopen ao mellor prezo.
Cazadoras, suadoiros, camisetas, zapatillas, xerseis, gorras, vaqueiros,… en marcas como Ellesse, Munich, New Balance, 11 Degrees, Altonadock, Buddy, Superdry, Lyle&Scott, Converse, Rains, Goorin Bros, G-Star Raw ou SikSilk entre outras. Atopa na nosa tenda de roupa multimarca en Pontevedra ese detalle que se merece esa persoa especial.
Lembra que a cita é mañá sábado desde as 17h, e se non queres perder detalle de todo pásate polas nosas redes sociais en Facebook e Instagram e contarémosche o minuto a minuto da súa chegada. Esperámoste!