Sorpresa pirata no Crespo Rivas
Por Mónica Patxot
Os alumnos do colexio Crespo Rivas encontráronse este mércores cunha formidable sorpresa: o cole convertérase nun barco pirata.
Unha bandeira negra con dúas tibias cruzadas e unha caveira ondeaba na fachada principal, as ventás convertidas en ollos de boi mentres o mar azul inundaba o xardín e un sorrinte esqueleto daba os bos días aos madrugadores grumetes que foron recibidos pola tripulacion de profesores piratas.
Esta laboriosa ambientación é o froito do traballo de todo o equipo de docentes que ao longo das últimas semanas dedicou o seu tempo libre a esta divertida actividade. Para rematar este plan, urdido en segredo, hoxe acudiron ao colexio moi cedo para decorar o recinto e deixar todo listo antes da chegada dos nenos. A cara que puxeron os pequenos confirmou que pagou a pena todo o esforzo.
Pero a cousa non quedou aquí. A xornada pirata vivida este mércores é o colofón a toda unha unidade didáctica desenvolvida polos nenos que tivo dous escenarios diferenciados Samaín e Halloween.
O primeiro foi disfrazarse de piratas, atándose o pano á cabeza e pintándose a cara con cicatrices e parches no ollo. Despois os nenos de cinco anos participaron na busca do tesouro. Unha actividade integramente en inglés. Mentres seguen o mapa por todo o colexio cantaron cancións cos personaxes do halloween: ghosts, witches, skeletons, mummies, acompañados dos movementos que practicaron na clase de psicomotricidade. Todo ata localizar o botín e repartilo co resto do colexio.
Nas aulas taballaron o samaín, en galego, con cancións, contos e lendas propias desta tradición local.
En resumo, pasárono de medo.
Relacionadas:
-
É o "Día de los muertos" no Crespo Rivas
Por Mónica Patxot |
-
Non me gustan as vacacións, porque non hai cole
Por Oskar Viéitez |
-
O jazz é cousas de nenos... no Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez |
-
O Crespo Rivas e a paixón polo ensino
Por Oskar Viéitez |
-
Tempo de castañas, tempo de xogos
Por Redacción |
-
O alumnado máis novo do campus gozou do Samaín
Por Redacción |
-
Os colexios pontevedreses pásano de medo co Samaín
Por Redacción |