Mosquera: "Este conselleiro foi quen dixo que Elnosa cesaba a actividade en 2014 e agora anuncia que marcha hipoteticamente en 2017"
Por Anxo Lourido
O acordo asinado entre a Xunta de Galicia e Elnosa para finalizar a súa actividade na ría de Pontevedra a finais de 2016 provocou reaccións no goberno local de Pontevedra.
O concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, declarou que "foi este mesmo conselleiro quen dixo que Elnosa cesaba a actividade en 2014 e agora anuncia que hipoteticamente marcha en 2017, isto é unha prórroga de 2 ou 3 anos sobre o que tiña previsto. Está claro cal é a liña da Xunta".
Neste sentido, o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, apunta que a intervención do conselleiro de Medio, Agustín Hernández, "é tan só unha fórmula para seguir gañando tempo e traspasar este asunto á próxima lexislatura". O concelleiro de Urbanismo indica que "a empresa tiña serias dificultades para renovar a Autorización Ambiental Integrada e no prazo máximo do ano 2014 comprometerse formalmente ao traslado".
César Mosquera apuntou que "o que estamos é ante unha situación na que a Xunta traballa con ahínco para que o complexo permaneza aí o maior tempo posible, ata que as empresas se aburran".
Pola súa banda, o socialista Antón Louro atacou ao Partido Popular porque "abandonou xa hai tempo a 'doutrina Martín' sobre Ence e Elnosa e agora traballa, sen disimulo ningún, a prol dos intereses destas empresas".
Relacionadas:
-
APDR cualifica de "burla" o acordo entre Xunta e ELNOSA e estuda demandar a Agustín Hernández por prevaricación
Por Redacción |
-
ELNOSA abandonará a Ría de Pontevedra no 2017
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas alertan de que Elnosa podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais
Por Redacción |