Os Reis Magos volven a Vilagarcía e buscan acompañantes para a cabalgata
Por Redacción
A tradicional cabalgata de Reis chega a Vilagarcía despois dun ano de parón. Coa intención de traer aos máis pequenos a ilusión destas datas tan sinaladas, habilitaranse 42 prazas para os nenos e nenas de entre 7 e 15 anos que queiran acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar no esperado desfile do 5 de xaneiro.
Confiando en que poida celebrarse garantindo as distancias de seguridade, preparáronse menos prazas que outros anos.
Deste xeito, as 42 prazas repartiranse da seguinte forma: 18 para nenos e nenas de 7 a 9 anos, que poderán ir nas carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar (6 en cada unha delas); as 24 restantes, para rapazada de 10 a 15 anos, que irán nas carrozas dos agasallos (8 en cada vehículo).
A vestimenta deberá ir acorde co evento, igual que en anteriores edicións, cos nenos e nenas vestidos de paxes e, ademais, será obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
O prazo de inscrición vai do 14 ao 19 de decembro e será de balde. Para anotarse, deberá cubrirse o formulario descargable da sede electrónica do Concello, do taboleiro de anuncios da web municipal ou recollelo nas oficinas da Concellería de Cultura no Auditorio. Unha vez cuberto o papel deberá presentarse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Para cubrir as prazas seguirán o orde de rexistro. En caso de baixa haberá unha lista de reserva á que recorrer. Unha vez feita a lista de participantes, publicarase na sede do Concello, na web municipal, na sede electrónica e na Concellería de Cultura a partir do día 22 de decembro.
En función da situación sanitaria e sempre que as restricións o permitan, o percorrido da cabalgata pecharase nas próximas datas.
Todos os vilagarciáns poderán saudar persoalmente aos Reis Magos nas recepcións oficiais que farán nos días previos ao 5 de xaneiro, igual que o ano pasado, e seguindo os protocolos de seguridade.
Relacionadas:
-
Comeza en Vilagarcía toda a programación de Nadal, con luces, xardíns efémeros, Fexturrón e circo
Por Redacción |
-
Un Circo de Nadal que xa percorreu medio mundo anima a programación festiva de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Papa Noel prenderá o alumeado de Nadal en Vilagarcía con banda de música e un espectáculo de pompas de xabón
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación levará o Apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal
Por Redacción |
-
Decorar os comercios en Vilagarcía durante o Nadal ten premio
Por Redacción |