ASSEII inaugura unha exposición fotográfica dedicada a persoas con ostomía
Por Redacción
A junta directiva da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (ASSEII), inaugura a primeira exposición itinerante sobre ostomía titulada “Heroes e Heroínas”.
Unha exposición fotográfica protagonizada e dedicada ás persoas con ostomía e ás súas enfermeiras estomaterapeutas. Trátase dunha homenaxe ao labor das enfermeiras, que atenden, coidan e apoian aos seus pacientes e un recoñecemento ás persoas que se enfrontaron na súa vida a unha ostomía.
As fotografías foron realizadas polo fotógrafo Álvaro Laiz, gañador dos Sony World Photography Awards na categoría de mellor retratista fotográfico mundial.
Están expostas no Palacete das Mendoza.
Relacionadas:
-
Ana Pastor visita a sede da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal
Por Redacción |
-
Unha campaña levará dun xeito lúdico a enfermidade inflamatoria intestinal aos escolares pontevedreses
Por María José Pita |
-
"Baixo o mesmo paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Arredor de 200 persoas participan na andaina de Asampo para promover unha sociedade máis inclusiva
Por Redacción |
-
As sedes institucionais visibilizan a artrite e as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello renova a súa colaboración anual con AFAPO e ASEII
Por Redacción |
-
Víctor Loira regresa ao Ultra Tríatlon Terra Astur para dar luz ás enfermidades intestinais e a ELA
Por Manu Otero |