Regades optará á reelección como secretario provincial do PSOE no congreso que haberá en febreiro
Por Oskar Viéitez
David Regades xa comunicou, e así o reiterou durante a xuntanza da executiva provincial, a súa vontade de volver presentarse para seguir dirixindo o Partido Socialista na provincia durante os próximos catro anos.
O secretario xeral provincial, David Regades, presidiu este xoves a executiva na que deu a coñecer o calendario de cara ao 4º Congreso Provincial, que se celebrará durante as xornadas do venres 11 e sábado 12 de febreiro.
"A democracia interna no Partido Socialista, que este fin de semana pasado impulsou a celebración do congreso nacional, continúa coa seguinte etapa e agora toca este proceso provincial, que agardo que sexa enriquecedor e nos sirva tamén para celebrar a forza do noso partido na provincia máis socialista de Galicia", afirmou Regades.
O comité provincial, máximo órgano do partido entre congresos, celebrarase así este domingo, día 12, a partir das 12 horas na finca Batacos, na parroquia pontevedresa de Salcedo. O prazo de presentación de candidaturas á Secretaría Xeral provincial será entre o 21 e o 22 deste mes de decembro. A recollida dos avais estará habilitada entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro.
A campaña de información á militancia terá lugar entre o 8 e 22 de xaneiro. Para o caso de que haxa máis dunha candidatura a xornada de votación queda fixada para o 23 de xaneiro, domingo. Finalmente, o congreso de principios de febreiro elixirá aos integrantes da nova dirección provincial.
O secretario xeral concluíu que o proceso de renovación culminará cos congresos locais e que o partido xa está ocupado dende hai meses na organización e preparación das próximas eleccións municipais co obxectivo de revalidar a vitoria do ano 2019, que permitiu acceder a 23 alcaldías e gobernar a dous terzos da veciñanza da provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Acordo entre David Regades e Paloma Castro para unha candidatura única ao congreso do PSdeG-PSOE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Paloma Castro recolle o dobre dos avais precisos para presentarse como candidata á Secretaría provincial do PSdeG
Por Redacción |
-
Paloma Castro presenta a súa precandidatura á Secretaría provincial do PSdeG
Por Redacción |
-
Os socialistas ratifican as datas do 11 e 12 de febreiro para o seu congreso provincial
Por Redacción |
-
O PSOE ve "impúdica, infame e noxenta" a campaña do PP contra Carmela Silva
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas de Pontevedra gañan peso no novo PSdeG liderado por Formoso
Por Alejandro Espiño |
-
O PSdeG de Formoso 'reármase' con Carmela Silva como presidenta
Por Redacción |