Unha muller resulta ferida leve nun atropelo en Alcalde Hevia
Por Redacción
Unha muller de 35 años resultou ferida leve e tivo que recibir asistencia sanitaria este xoves tras sufrir un atropelo na confluencia entre as rúas Alcalde Hevia e Manuel Leiras Pulpeiro.
Segundo cofirmou a Policía Local de Pontevedra, o atropelo produciuse ás 8.30 horas da mañá deste xoves cando a muller cruzaba un paso de peón.
Testemuñas presenciais confirman que a muller quedou tirada no chan e tivo que ser atendida no propio lugar do accidente polo persoal da UVI móbil de Urxencias Sanitarias de Galicia 061.
A continuación, a muller foi trasladada a un centro sanitario, o Hospital Domínguez de Pontevedra, cun prognóstico inicial leve.
Ata o lugar do accidente desprazáronse a Policía Local e os servizos sanitarios.