Flores para os defuntos
Por Aitana Vidal
O mercado das flores de Vilagarcía abriu este martes a carpa instalada entre a ponte de Vista Alegre e a rúa García Caamaño
Ante a celebración do Día de Defuntos e para facilitar as compras dos numerosos clientes que reciben as floristas nestas datas, o Mercado de abastos organiza por quinto ano consecutivo esta iniciativa.
Dende hoxe e ata o xoves con horario de apertura é de 8 a 20 horas, mentres que o 1 de novembro estará dispoñible entre as 10 e as 13 horas. O estará aberto de forma ininterrompida.
Os que acudan a este mercado poderán encontrar flores de colleita propia que venden habitualmente na praza ademais das propostas que realizan as floristas.