Cerimonia sinxela e íntima na Brilat para festexar a súa patroa
Por Redacción
A pandemia volveu a impedir os grandes festexos no cuartel militar da Brilat para celebrar á Inmaculada Concepción, a patroa da arma de Infantería. As restricións pola covid-19 obrigaron á brigada para celebralo na intimidade.
Foi cun sinxelo acto, de carácter interno e moi reducido en canto a participación de persoal militar, que se desenvolveu este mércores na base Xeneral Morillo.
Para conmemorar esta festividade o Rexemento de Infantería Isabel la Católica nº 29, unidade que actualmente recolle a tradición do Terzo Vello de Zamora, organizou unha parada militar na base pontevedresa.
Dentro da parada militar, que comezou ás doce do mediodía, os militares da brigada que pasaron ou pasan á reserva ao longo deste ano renovaron o seu xuramento á bandeira e entregouse unha imaxe da Inmaculada Concepción á confraría de Empel.
Ademais, o acto incluíu a tradicional homenaxe aos soldados do exército español que perderon a vida "tras loitar con valor, servir con lealdade e morrer con honra".
Esta celebración estivo presidida polo tenente xeral Luís Cebrián Carbonell, actualmente xefe da Dirección Xeral de Infraestrutura do Ministerio de Defensa e que foi xefe da Brilat entre os anos 2013 e 2017.
Na actualidade, os compromisos de España coa OTAN e coa Unión Europea fan que os soldados da Brilat, moitos deles da arma de Infantería, estean despregados no estranxeiro participando en misións internacionais, entre elas en Iraq e Mali.
Relacionadas:
-
As "gestas heroicas" da Brilat na pandemia, un "orgullo" para Galicia segundo a ministra de Defensa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Consellería de Emprego acredita a 120 militares a súa experiencia profesional en vixilancia e seguridade privada
Por Oskar Viéitez |
-
Sete militares da Brilat resultan feridos ao caer nun noiro durante un exercicio de instrución en León
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Brilat di ata logo a 450 soldados que asumirán misións en Mali e Iraq a finais de mes
Por Redacción |
-
A Brilat lembra aos seus 'caídos' cunha homenaxe en San Amaro
Por Redacción |