Amplían ata xaneiro as probas PCR sen cita previa no lateral do Hospital Provincial
Por Redacción
Ante a gran asistencia de persoas a realizar as probas PCR e a detección de novos casos diarios a través deste sistema, a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés decidiu ampliar un mes máis este operativo, ata o vindeiro sábado 8 de xaneiro de 2022.
Desde que esta iniciativa púxose en marcha este sábado 4 de decembro rexistráronse grandes colas de persoas na contorna do aparcamento exterior situado no lateral do Hospital Provincial que querían coñecer se se contaxiaran de covid-19.
O horario durante os próximos días continuará sendo de tarde: entre as 15.30 e as 18.00 horas e de 18.30 a 20.30 horas.
Segundo a información facilitada polo Sergas, os datos ata o momento reflicten que acoden diariamiente unha media que se sitúa entre 450 e 500 persoas.
A través destas probas PCR detectáronse unha media de 30 novos positivos cada día. Ademais, as técnicas administrativas que atenden ás persoas que se achegan ata os postos detectaron que hai un elevado número de persoas que mantiveron contacto con positivos.
Para realizar estas probas non é necesaria cita previa. Desde a área sanitaria anuncian que se reforzará a dotación de equipos extractores ademais dos efectivos administrativos. Tamén indican que se reforzou o servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario para que se poidan asumir máis probas durante o período do Nadal.
A xerencia da área sanitaria agradece á poboación que acuda a estas probas preventivas e insiste en que non poden acudir a este punto PCR sen cita aquelas persoas que presenten síntomas ou teñan un resultado positivo dun test de antíxenos.
Para as próximas semanas, as autoridades sanitarias reiteran a importancia de que cada persoa atenda ás medidas de protección, como o uso de máscara, hixiene de mans e distancia de seguridade, para evitar que se manteña o incremento de casos activos.
Relacionadas:
-
Amplían o horario de atención para realizar probas PCR sen cita no lateral do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
125 novos contaxios elevan os casos activos por covid-19 ata os 1.251
Por Alejandro Espiño |
-
Unha muller de 74 anos, sexta vítima mortal da covid-19 en apenas dez días
Por Alejandro Espiño |
-
A presión hospitalaria multiplícase na área sanitaria, con máis do dobre de pacientes con covid-19 nunha semana
Por Natalia Puga |
-
Varias horas de cola para realizar unha PCR sen cita previa: "Deberían ofrecer esta opción permanente"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Sergas fará PCR sen cita previa no lateral do Hospital Provincial durante toda a ponte
Por Natalia Puga |