Dous feridos ao caer un cartel dentro dun supermercado de Vilagarcía
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Varias persoas resultaron feridas na mañá deste martes nun accidente producido dentro do supermercado Supeco, situado na avenida das Carolinas de Vilagarcía de Arousa.
Fontes oficiais do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 informan de que hai dúas persoas feridas, unha empregada e un cliente. Todos eles serían traslados por Urxencias Sanitarias de Galicia ao Hospital do Salnés.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos poucos minutos despois das 12 da mañá deste martes a través dunha chamada na que lles alertaban do suceso.
Aínda que inicialmente o 112 Galicia informou oficialmente de que ambos resultaran feridos pola caída de parte do teito do supermercado, desde a compañía aclararon que o que caeu foi un cartel.
En concreto, o cartel que identificaba á sección de carnicería foi o que se esborrallou sobre un dos mostradores do supermercado, alcanzando levemente ás dúas vítimas, unha empregada do establecemento e un cliente que presentaban feridas leves e foron atendidos nun centro médico da localidade
Desde o 112 mobilizaron ás policías Local e Nacional de Vilagarcía, os bombeiros, Protección Civil e Urxencias Sanitarias 061, que enviaron ao lugar varias dotacións.
Como consecuencia do derrube, non quedou atrapada ningunha persoa, pero si houbo feridos. Ambos con carácter leve.