Ponte Caldelas xa degusta as súas 'Tapas Quentes'
Por Redacción
Éxito na primeira xornada da nova edición do Caldelas Tapas Quentes. Á vez que se acendeu o alumeado de Nadal, o Concello de Ponte Caldelas deu a benvida a unha nova edición de inverno da festa gastronómica onde ducias de persoas achegáronse ata os locais participantes para degustar as propostas culinarias.
Os 12 locais que participan no Caldelas Tapas Quentes son Acuña con 'Tres Delicias' Alameda con 'Fabes con Almejas' Alborada, con 'Tesouro do Paseirón' Atelier del Delirio con 'Tapa do Coitado' Bar Valladares con 'Touciño Grellado' Jamarte con 'Delicia de Miga de Bacalao' Klimbin con 'Arroz con Salsa de Outono', LaTribu con 'Frijoles Charros' Parada con 'Carrilleras estilo Parada' Tapería Victoria con 'Pintxo Vitoria', Terracita con 'Raxito de Pulpo' e Verdugolandia con 'Solomillo en Salsa Roquefort'
A cita gastronómica continuará durante os venres 10 e 17 de decembro a partir das 20:30 horas. O prezo das tapas é de 1,50 euros coa bebida a parte.
Relacionadas:
-
Once locais participarán no Caldelas Tapas este mes de xullo
Por Redacción |
-
O 'raxito de pulpo' de Terracita, bocado gañador do sexto Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |
-
Doce locais competirán no concurso Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |
-
O 'Caldelas Tapas' oferta trece propostas diferentes para degustar
Por Redacción |