O alumeado recibe o Nadal en Marín
Por Redacción
O Nadal chegou a Marín. Este venres día 3 a vila deu a benvida ás festas coa inauguración da I Edición Exponadal na Alameda, a Feira de Artesanía e o acendido do alumeado.
Ás 12:00, un total de 14 establecementos comerciais de Marín abriron as súas portas para facilitar as compras de Nadal aos clientes. A carpa de Exponadal terá un horario de 11:00 a 21:00 horas e nel poderán encontrarse os establecementos Espazo Lector Nobel Marín, Servilar Decoración, Milyun Trapitos, Nayma Moda Mujer, Nayma Complementos, Amilove Moda, Bambino Marín, Carmencitas Moda Infantil, Toscana Store, Infinity Shop, Tamara Moda, Labores y Patchwork, Bule Bule Marín e Almalibre Complementos.
Na tarde do venres foi a quenda dos grandes atractivos do Nadal: o Tren e o Carrusel. No primero dos casos, o Concello informou que haberá rutas do 3 ao 8, do 10 al 12, do 17 ao 19 e do 21 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11:45 a 13:30 e de 17:15 a 21:00 horas.
Ás 18:00 tamén inauguráronse a Feira de Artesanía Nadal Marín, que conta cunhas casetiñas de madeira e a zona das ONGs, que ofreceron a súa primeira chocolatada do Nadal co fin de recadar fondos para seguir co seu labor.
Finalmente, o broche de ouro o puxo o acendido do alumeado na Alameda, que iniciouse ás 18:30 horas a cargo dos Cantareiros de Marín e rematou na Praza 8 de Marzo co acendido do Belén.
Relacionadas:
-
As carpas de Engado Marín abren as súas portas na Alameda e o Parque Eguren
Por Oskar Viéitez |
-
As carpas de Engado Marín abrirán o venres cun estrito protocolo sanitario
Por Redacción |
-
O Nadal chegará a Marín este venres co alumeado e Exponadal
Por Redacción |
-
Repartirán 5.000 euros en vales de compra entre os consumidores de Marín
Por Redacción |
-
Marín converterase nunha vila de Nadal desde o 3 de decembro
Por Redacción |
-
Marín premiará por segundo ano as mellores decoracións de Nadal
Por Redacción |