O Nadal chegará a Marín este venres co alumeado e Exponadal
Por Redacción
O Nadal chega a Marín este venres día 3 de decembro. Pola mañá, ás 12.00 horas, inaugurarase a I Edición Exponadal Marín na Alameda e pola tarde haberá unha serie de actividades que culminarán ás 18.30 horas co acendido do Alumeado de Nadal.
O acto comezará na Alameda, incluirá panxoliñas a cargo dos Cantareiros de Marín e rematará na Praza 8 de Marzo co acendido do Belén.
En canto a Exponadal, evento organizado por Estrela de Marín e o Concello, consistirá na instalación dunha carpa cun total de 14 establecementos comerciais de Marín para facilitar as compras de Nadal aos clientes. O horario será de 11.00 a 21.00 horas.
A tarde do venres tamén será o arranque de dous grandes atractivos do Nadal en Marín: o Tren de Nadal e o Carrusel.
O tren terá rutas do 3 ao 8, do 10 al 12, do 17 ao 19 e do 21 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11.45 a 13.30 e de 17.15 a 21.00 horas.
A Alameda tamén se converterá nun pequeno mercado de Nadal ao aire libre grazas ás casetas de madeira que acollerán a Feira de Artesanía Nadal Marín, que estará aberta durante todas as festas e que se inaugurará mañá ás 18.00 horas.
A partir das 18.00 horas, as ONGs xa estarán instaladas na Alameda para ofrecer a súa primeira chocolatada solidaria de Nadal, coa que recadar fondos para seguir realizando o seu importante labor.
Relacionadas:
-
15.000 euros para restaurar as portas de acceso ao Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
As carpas de Engado Marín abrirán o venres cun estrito protocolo sanitario
Por Redacción |
-
O alumeado recibe o Nadal en Marín
Por Redacción |
-
Repartirán 5.000 euros en vales de compra entre os consumidores de Marín
Por Redacción |
-
Marín converterase nunha vila de Nadal desde o 3 de decembro
Por Redacción |
-
O alumeado de Nadal chegará a Marín o 3 de decembro
Por Redacción |