Mobilización "fronte a actual invasión eólica" no Día das Montañas
Por Oskar Viéitez
Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora "Eólica, Así Non" apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, convoca á sociedade galega a "unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica".
A Coordinadora "Eólica Así Non" escolle esta data polo seu carácter especialmente simbólico "na loita social contra a vaga eólica colonial que está a sufrir o país" e que discorrerá baixo o lema "Na defensa das montañas. Eólica Así Non".
A Coordinadora mobilízase "fronte a un modelo de desenvolvemento eólico imposto e colonial que converte a Galiza, unha vez máis, nun territorio de sacrificio para favorecer as ansias especulativas e de negocio do oligopolio enerxético, coa conivencia da Xunta e do Estado".
Así, sairán á rúa o vindeiro 11 de decembro para pedir de novo unha moratoria eólica "real e efectiva".
A Coordinadora anuncia que nesta volta os actos serán descentralizados, acollendo a máis dunha vintena de concentracións e varias marchas reivindicativas repartidas por todo o territorio.
Reclaman a derrogación do plan eólico e das "leis de depredación", á vez que piden unha nova planificación enerxética na que se conte coa cidadanía, coa preservación dos recursos naturais e coa biodiversidade.
As entidades convocantes decláranse a favor das enerxías renovables, mais rexeitan o actual modelo de implantación eólica.
Relacionadas:
-
Petición parlamentaria para integrar a Serra do Suído na Rede Natura 2000 e protexer o seu patrimonio etnográfico
Por Redacción |
-
E chegou o peche masivo de oficinas bancarias. Acabouse a atención humana
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra di "non" ao actual modelo eólico de Galicia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Movementos para executar un proxecto eólico no Morrazo pon en alerta ao Concello e aos comuneiros de Marín
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade súmase á xornada de protesta convocada en Galicia pola Coordinadora Eólica Así Non
Por Redacción |