Segunda vítima da covid-19 nunha semana na área sanitaria
Por Natalia Puga
A nómina de vítimas mortais da pandemia xa ascende a 207 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Este mércores 1 de decembro sumou unha nova falecida, a segunda no que vai de semana.
Neste caso, trátase dunha muller de 81 que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra diagnosticada por coronavirus.
Este mércores, ademais, o parte oficial da Consellería de Sanidade recolle que hai unha segunda vítima en Galicia, un home de 91 anos ingresado no Hospital de Verín, en Ourense.
Esta vítima pontevedresa súmase a unha confirmada o pasado domingo 28 de novembro. Ese día o Sergas reportou a morte dun home de 92 tamén ingresado no Hospital Montecelo.
O último balance do Sergas realizado este mércores confirma na área sanitaria 592 casos activos de covid-19, dos que 20 estaban hospitalizados, 17 pacientes ingresados en planta de hospitalización e 3 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Relacionadas:
-
A área sanitaria pecha unha semana negra con catro mortos por covid-19
Por Natalia Puga |
-
Un home de 75 anos, terceira vítima mortal da covid-19 nunha semana na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 92 novos casos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Os hospitais da área sanitaria suman 20 ingresados por covid dos que 3 están na UCI
Por Oskar Viéitez |
-
Falece un home de 92 anos por coronavirus en Montecelo
Por Oskar Viéitez |